Filosofía da ANPA
Ponte de Xuvia
A principal misión da ANPA é constituir e soster unha relación cercana entre alumnos, pais e nais, e mestres mediante a creación e desenvolvemento de actividades e oportunidades de interacción entre eles.
A nosa misión
Os nosos esforzos irán dirixidos a maximizar a educación e integración de tódolos alumnos e alumnas do CEIP Ponte de Xuvia e as súas familias no entorno escolar.
A ANPA é un motor para a dinámica escolar e ten como finalidade participar e axudar con funcionamiento do centro, así como a contribuir a acadar niveles óptimos de calidade en tódalas actividades nas que participen os nosos fillos.
Os 3 obxectivos principais da ANPA son:
Promover e facilitar a comunicación escola – familias.
Crear e cultivar un sentido de comunidade.
Desenvolver actividades que axuden a desenvolver a personalidade de cada un dos nosos nenos.
“A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”.
— Nelson Mandela
Os nosos valores
-
COLABORACIÓN
Traballamos en equipo co colexio para conseguir acadar os nosos obxectivos principais, para estar sempre alienados e conseguir melloras en todos os aspectos para os nosos nenos e nenas.
-
COMPROMISO
Traballamos para promover o éxito educacional de tódolos estudiantes, non so os resultados dos exames, senón aquelas actividades formativas que lles axudan a potenciar o mellor de sí mesmos.
-
RESPECTO
Valoramos a todos e traballamos para que tolerancia e respecto sexan os valores guía neste mundo onde a convivencia entre as culturas e os avances tecnolóxicos son novos retos.
-
INCLUSIVIDADE
Valoramos todos os puntos de vista e experiencias que tanto o colexio como os pais e nais dos nosos nenos queiran aportan. Esta implicación por parte de todos enriquece e aumenta a calidade educativa.