FAITE SOCIO
SOMOS ÚTILES GRACIAS Á TÚA FAMILIA
Se aínda non formas parte da ANPA,
¡anímate a selo!
Ser socio da ANPA é voluntario, pero todos temos que tener presente que:
Podemos e debemos participar individual e colectivamente na educación dos nosos fillos. É o noso dereito e responsabilidade.
Debemos seguir o seu proceso de aprendizaxe, manter contacto co profesorado e integrarnos na vida do colexio.
A cota págase unha vez ó ano e o importe é de 24€ por socio. O pago farase mediante transferencia bancaria ó BBVA indicando “Nome do(s) socio(s). Cota socio na ANPA 2024-2025” ó seguinte número de conta: ES03 0182 4590 1602 0157 9994
Se o prefires, podes facer o ingreso da cota en calqueira caixeiro do BBVA sen necesitar tarxeta nin ter ti conta no BBVA seguindo estes pasos:
(1) Indica na pantalla “funcionamento sen tarxeta”
(2) Ingreso en efectivo
(3) Introduce os 20 números da conta da ANPA
(4) O campo de “concepto” é optativo. Tede en conta que poñer un concepto en caixeiro é de 1€ que teredes que pagar a maiores. Non é necesario.
(5) Ingresar os cartos
(6) Confirmar a operación
(7) Recoller o xutificante e enviar unha copia por correo-e a anpaceippontedexubia@gmail.com
¿Por qué debería a miña familia ser socia da ANPA?
Porque é a nosa maneira de participar activamente e colaborar para mellorar o sistema educativo no que están inmersos os nosos fillos e fillas. Así tamen é a forma de ter voz nas decisións do colexio que nos afectan e de aumentar o servicio á educación dos nenos e nenas a través das actividades extraescolares.
Todo isto en integración coa Dirección e o Claustro do Colexio, potenciando o seu traballo e colaborando para levar a cabo as iniciativas de formación integral dos nenos e nenas e complementándoas en aqueles aspectos a onde o sistema non poida chegar.
Sen embargo todo isto non é posible se solo uns poucos pertencemos á ANPA e aínda menos colaboramos, porque moito máis importante que a participación ecnómica, é a participación personal activa.
Gracias á participación de todos os pais e nais podén saír a diante as actividades ás que nos referíamos, e a maioría delas benefician a todos os nenos e nenas do colexio, pertenzan seus pais á ANPA ou non.
Así que facemos un chamamento a todas aquelas familias que aínda non sodes parte da ANPA para animarvos a facervos socios e colaborar activamente con nós. ¡Benvidos!
MOITAS GRACIAS E BENVIDOS E BENVIDAS Á ANPA
Faite socio/a
Simplemente enche o formulario e fai a transferencia correspondente na conta especificada máis arriba.